Ferrol Vello acollerá a Feira Medieval do 31 ao 2 de agosto con máis de 120 artesáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+
Presentación da Feira Medieval de Ferrol

Presentación da Feira Medieval de Ferrol

O casco histórico de Ferrol Vello acollerá dende o venres 31 ata o domingo 2 de agosto a celebración da Feira Medieval , na que este ano participarán preto de 120 artesáns, tendo un especial protagonismo as actividades infantís, ao tempo que se eliminaron os espectáculos baseados en animais.

A concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo, presentou este martes unha Feira medieval que nesta ocasión convocouse cunhas bases fixadas que tiñan que cumplir as empresas que se presentasen para a súa organización, a diferenza das edicións pasadas nas que se otorgaba a unha empresa concreta.

Neste senso, estableceuse que tiña que se reducir o prezo para os artesáns de Ferrol para así dinamizar o emprego, priorizarse a ornamentación, suprimir calquera espectáculo con animais e contar cunha programación específica infantil.

“Entre as bases estaba en primeiro lugar o prezo á asociación de artesáns de Ferrol, quixemos dende o Concello axudar a dinamizar, debida a situación de dificultade de Ferrol e dende o Goberno apoiaremos todas as formas de dinamizar económicamente a cidade”, seinalou Beatriz Sestayo.

Todos estes criterios estarán polo tanto contemplados na celebración dunha Feira Medieval que se desenvolverá de novo no barrio de Ferrol Vello, a petición dos propios hosteleiros, debido aos perxuízos que están provocando as obras dende hai tempo. 

A Feira contará con preto de 120 postos, segundo explicou Beatriz Sestayo, e con obradoiros específicos de pedra e coiro. Ademáis, haberá unha programación infantil permanente e un “recuncho infantil” adicado aos máis pequenos. 

A edil de Festas tamén quixo agradecer a enorme colaboración que está a prestar a asociación de artesáns de Ferrol para a organización desta feira medieval. 

28 de xullo de 2015 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.