Ferrol recibe aos nenos saharauis que pasan o verán na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Recepción de nenos saharauís

Recepción de nenos saharauís

O Concello de Ferrol ofreceu unha recepción institucional aos catro nenos e 4 nenas saharauis que pasarán o verán con familias da cidade no marco do programa “Vacacións en paz”.

Os nenos e as súas familias de acollida foron recibidos no Concello polo Alcalde, Jorge Suárez, e a concelleira de Benestar Social, Muller e Festas, Beatriz Sestayo.

Dende o Concello, explicou Beatriz Sestayo, vanse promover distintas iniciativas para os nenos, como o feito de que se organice unha visita guiada a Aquaciencia, ou os nenos poidan particiar en actividades dos campamentos urbanos.

Beatriz Sestayo lembrou que o programa “Vacacións en paz” responde a dous obxectivos, “o de permitir que os nenos disfruten dun verano en condicións máis saludables, pero tamén a un compromiso claro coa causa saharaui”. 

16 de xullo de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.