Ferrol acolle o XV Campionato Galego de Equipos de Pesca Submarina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

Ferrol acollerá este domingo o XV Campionato Galego de Equipos de Pesca Submarina. A Sección de actividades subacuáticas do Grupo Bazán é a organizadora loxística da proba, que estará controlada, como xuíz, pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas (FEGAS).

O campionato terá lugar na ría de Ferrol entre o Faro de Prioriño Chico e a Ensenada da Cova, nun espazo aproximado de 10 kilómetros de costa. Se as condicións meteorolóxicas dificultan o desenrolo da proba neste lugar desprazarase a unha zona de reserva, situada entre Punta Avarenta e o Castelo da Palma.

Participarán deportistas de todos os clubes de Galicia, para disputar un posto no Campionato de España de Equipos 2015. A competición iniciarase o día 19 coas inscricións no porto ás oito da mañá e finalizará ás dúas da tarde. A pesada e a entrega de trofeos terá lugar ás catro na nave da Graña.

É salientable o feito de que as capturas que realicen os deportistas nestas probas serán doadas, integramente, a asociacións benéficas de Ferrol.

Galicia é a Comunidade Autónoma con maior número de licenzas nesta modalidade, na que as capturas fanse en apnea, a pulmón libre, co único instrumento do arpón. 

15 de xullo de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.