Ferreiro reúnese coa nova directiva da Federación de Peñas do Deportivo da Coruña

Ferreiro na reunión coa nova directiva
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, mantivo este martes unha reunión coa nova directiva da Federación de Peñas do Deportivo da Coruña, presidida por Tania Gómez. Como xa fixo durante a reunión que mantivo hai unas semanas co Consello de Administración do club, o rexedor coruñés ofreceu a colaboración do Concello, en calidade de mediador, “se aínda queda alguna aspereza por limar entre o Deportivo e a afición”.











