Ferreiro recibe aos estudantes con bolsas de estudo en Estados Unidos

Ferreiro xunto aos xóvenes becados
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Caméan, recibiron este luns no Salón de Plenos do Concello a un grupo de mozas e mozas da cidade que partirán a Estados Unidos para realizar un programa de inmersión de preto de nove meses de duración. Ademais, na comitiva que visitou María Pita tamén se atopaban os bolseiros que participaron na última edición do programa, destinado a estudantes empadroados no municipio.
Ferreiro manifestou que a educación é unha das principais prioridades deste Concello. “A nosa prioridade é a educación, poder dar oportunidades ao maior número de rapaces e rapazas da Coruña”, explicou o rexedor. “Só investindo na mocidade se pode conseguir unha sociedade mellor, a educación fai mellores ás persoas”, indicou.
O alcalde falou aos rapaces e rapazas participantes no programa de becas a Estados Unidos da oportunidade que se lles presentaba. “Deséxovos que todo ese caudal de coñecemento que atesouraredes sirva para facer unha cidade máis próspera e máis xusta”, dixo. O programa de bolsas en Estados Unidos ten como obxectivo posibilitar ao alumnado empadroado e escolarizado no municipio a aprendizaxe e adquisición de lingua inglesa nunha situación de inmersión. Os becados realizarán o Grado 11, equivalente a 1º de Bacharelato, nun High School americano.
Para este curso, o Concello ofertou un total de 50 prazas. A estancia en Estados Unidos comezará en agosto deste ano e rematará en xuño de 2016.











