Expourense estreita a súa rede en Portugal co municipio de Mondim de Basto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorOurense
A-
A+

Desde que se iniciara un marco xeral de cooperación establecido entre Expourense e Turismo Porto e Norte de Portugal,  ambas entidades continúan traballando para materializar contactos entre a Fundación ourensá e os municipios do norte luso, co fin de executar proxectos concretos e fomentar a promoción dos eventos internacionais de Turismo como é o caso de Termatalia e Xantar. Así, un paso máis foi a sinatura dun convenio de colaboración e promoción mutua coa cámara municipal de Mondim de Basto, ubicada no distrito de Vila Real. A sinatura deste convenio tivo lugar no marco do acto inaugural da 13ª edición da “Feira da Terra” que se celebra ata este domingo nesta localidade. Os autores da mesma foron o presidente da Cámara Municipal de Mondim de Basto, Humberto da Costa Cerqueira e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín Carballo.

Expourense participou como convidado especial na inauguración da “XIII Feira da Terra”, unha cita promovida pola Entidade de Turismo Porto e Norte, o principal socio de Expourense no Norte de Portugal. Ten como obxectivo promover recursos endóxenos da localidade e reúne cada ano a 90 expositores de sectores como a gastronomía, o viño, a artesanía, maquinaria agrícola, etc. Esta Mostra, tal e como destacou Alejandro Rubín durante a súa intervención no acto inaugural, comparte obxectivos con Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que organiza Expourense,e que pasan por promocionar a calidade eautenticidade dos recursos autóctonospara que fomenten o turismo de proximidade entre Galicia e o Norte de Portugal.

Ademais da participación nos actos oficiais e da vista aos expositores, a delegación compareceu no showcooking liderado polo chef estrela Michelín Marco Gomes, dos restaurantes Foz Velha e Casa do Marco.

A presenza de Expourense, que participou acompañada por unha delegación de medios de comunicación galegos e portugueses, serviu para reforzar unha alianza que está  a dar bos resultados como puido verse na última edición de Xantar, durante a que esta rexión Norte de Portugal foi unha das protagonistas cunha presenza importante de expositores e visitantes e na que Mondim de Basto participou activamente por primeira vez como expositor, relizando ademais un showccoking de “Carne Maronesa e Milhos Ricos”, preparado pola Adega 7 Condes, e cunha cata de Viños Verdes da Casa Santa Eulália.

31 de xullo de 2015 | 13:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.