Exposición de Fran Lareo e ilustracións de Re Fernández na sala Domínguez Búa
Dende hoxe e ata o domingo 2 de agosto, FrAn LaREo será o encargado de expoñer as súas esculturas en pequeno formato na sala Domínguez Búa. Este escultor coruñés empeza a deseñar escultura en pequeno formato no 1999, mentres prepara o seu pequeno laboratorio situado en Brión. A medio camiño entre a pedra e a cerámica, traballa cada peza sen ningún tipo de molde e decora posteriormente a peza.
Ademais, o coruñés estará acompañado das pinturas e ilustracións de Re Fernández.











