publicidade hoxe

Éxito de participación e público no I Entroido de verán do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

As rúas do Carballiño reviviron a festa de entroido, coa celebración do Entroido de Verán, organizado pola área de Lecer e Turismo do concello do Carballiño, en colaboración cos hostaleiros do avilla, un total de 60, e o Centro Comercial Aberto. Desde as 20:000 horas as comparsas e charangas iniciaron o seu desfile desde a praza da Veracruz até a Praza Maior. Todo o percorrido estaba cheo de público, que gozou co colorido e animación de das comparsas e a música das charangas e a batucada.

Pero o mellor estaba na rúa. Os carballiñeses aproveitaron esta festa para saír novamente cos seus disfraces, e encher de colorido as rúas e sobre todo a Praza Maior, que rexistraba un gran cheo ao termo do desfile.

A festa continuou polos bares participantes, con canas a un euro para todos os que acudise disfrazados, e agasallos e sopresas para todos.

Manolo Dacal, disfrazado para a ocasión, agradecía ao público e ás comparsas a súa participación neste I Entroido de Verán, agurando que pode ser unha festa con futuro no Carballiño.

A festa comenzou xa á mañá cos máis pequenos que gozaron da animación do DJ Tibu, e os talleres de manualidades previstos para eles na a praza maior, así como cos agasallos ofrecidos polo Centro Comercial Aberto.

18 de xullo de 2015 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.