Espectáculo de clown e malabarismos no terceiro día de festa en Riveira

Espectáculo de malabares
Un novo espectáculo de clown e malabarismos imposibles saudou o terceiro día das festas de verán de Riveira. Nesta ocasión, o título da actuación foi “Autoestopista intergaláctico”, que logrou que a praza do Concello se enchese ao mediodía de decenas de nenos desexosos de asistir ao escacharrante show.
Esta tarde continuará a programación coa inauguración da exposición colectiva Entremares no Centro Cultural Lustres Rivas (21 horas), unha gran verbana a cargo das orquestras Principal (22.30 horas no Malecón) e Menta (0 horas no parque García Bayón) e, como prato forte da xornada, concerto ofrecido por Amancio Prada (23 horas na praza de España).











