publicidade hoxe

Economía e Industria destaca o traballo de Organistry como proxecto emprendedor innovador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondo
A-
A+

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe o traballo da empresa Organistry como proxecto emprendedor innovador e con potencial para traballar, desde Bergondo, para industrias farmacéuticas con base en Madrid ou Barcelona. Neste sentido, declarou que empresas así son as que necesita Galicia para reinventar o seu tecido produtivo de acordo co previsto na Axenda da Competitividade Galicia – Industria 4.0.

Aguilera salientou que, a través do Igape e da Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Economía e Industria dispón na actualidade de servizos e instrumentos de axuda para impulsar os proxectos da Industria 4.0. En concreto, o director do Igape referiuse a liñas de apoio aos novos investimentos como os préstamos directos con fondos BEI, con xuros especialmente competitivos, prazos de ata 11 anos e importes de ata 1,8 millóns de euros.

Organistry Servicios de I+D é unha empresa galega independente fundada para prestar servizos de innovación e desenvolvemento á medida nos campos da química sintética e analítica. A súa localización en Bergondo supón unha vantaxe competitiva que facilita o acceso ao equipamento tecnolóxico dos Servizos de Apoio á Investigación da Universidade de A Coruña, cunhas tarifas menores ás ofrecidas en Madrid ou Barcelona, onde se atopan os seus principais clientes. Por isto, para a compañía galega a súa localización supón unha vantaxe competitiva.

Cabe dicir que Organistry foi cualificada como empresa Iniciativa de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT) pola Xunta de Galicia. Ademais, os seus investimentos foron apoiados polo Igape a través do programa Galicia Emprende.

28 de xullo de 2015 | 18:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.