Detido un home en Lugo por quebrantar unha orde de afastamento da súa exmuller
Axentes da Policía Local de Lugo detiveron un home que responde ás iniciais G.A.V.S., nacido en 1968 e domiciliado na cidade, por un suposto delito de quebrantamento dunha orde xudicial de afastamento da súa exesposa. A muller, que se achaba na Praza de San Marcos, foi a que alertou este mércores aos policías, ao manifestar que observara como o seu exmarido a miraba “amenazante, agachado e arrimado” á fachada do edificio da Deputación Provincial.
Segundo explica a Policía, o detido intentou ausentarse do lugar cando se decatou da presenza dos axentes, “sendo interceptado a escasos metros”. Os axentes, explica, comprobaron que a orde de afastamento e prohibición de comunicarse coa súa esposa fora ditada polo Xulgado de Instrución número 3 de Lugo.











