publicidade hoxe

Declaración da Xunta de Goberno Municipal de Arzúa en apoio ao sector lácteo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

Os gandeiros galegos están a vivir unha das crises máis graves da súa historia, ao límite da desesperación por mor da crítica situación que atravesa o sector lácteo. Despois de sufrir épocas de seria fraqueza económica, agora chegouse a un punto no que os gandeiros do noso país teñen que sumar á forte crise económica as consecuencias da desaparición da cota láctea, que ata hai pouco regulaba o mercado no marco da Unión Europea.

Libres de ataduras, as grandes industrias lácteas pactan fóra da legalidade unsprezos para o leite que deixan aos productores nunha situación ao borde do abismo;  a chantaxe é clara, ou ben asinan un contrato con elas fixando un prezo que non cubre os custes de producción ou mesmo os ameazan con deixar de recollerlles o leite.

A non adopción dunhas medidas urxentes para poñerlle freo a esta situación por parte dos Goberno Galego e Estatal pode desembocar nunha situación crítica e irreversible que destrúa definitivamente a columna vertebral da economía de moitas comarcas rurais, entre elas a nosa.

Dada a gravidade do que está a acontecer e a necesidade imperiosa de que se acorden medidas urxentes que revirtan esta situación, o Goberno Municipal de Arzúa MANIFESTA e OFRECE  o seu apoio a todos os gandeiros do país e, de xeito especial, aos productores do noso concello  e aos Sindicatos Agrarios en todas aquelas actuacións que se vaian levar a cabo, na procura dun prezoxusto para o leite, que dignifique as condicións de vida dun sector que foi e debe seguir sendo un dos piares fundamentais da economía da nosaterra. 

30 de xullo de 2015 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.