‘De troula en troula’ por Bueu con maxia e música para nenos de catro anos en diante

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

Este sábado 4 de xullo ás 21 horas, o mago Paco, da compañía A illa dos nenos, presenta “De troula en troula”, no multiusos do Centro Social do Mar. O espectáculo vai destinado a nenos e nenas a partir de catro anos, e combina música e maxia tratando de achegar a cultura, a troula e folclore galego aos pequenos da casa. O custe é de 2 euros, e as entradas poderanse adquirir en taquilla dúas horas antes do espectáculo

1 de xullo de 2015 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.