David Barreiro finaliza unha excelente tempada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+

 Este fin  de semana disputouse o Campionato do Mundo Junior nas modalidades de piragüismo de augas tranquilas. Entre os compoñentes e a pesar de atoparse aínda en categoría cadete, foi convocado coa selección nacional o padeeiro do Club Náutico Rodeira, David Barreiro, que participou na modalidade de Home-Junior/C-4 500 m. 

Tras pasar as eliminatorias e as semifinais, el e o resto dos seus compañeiros, clasificáronse para a final que se disputaría o domingo ás 16:00.

Contra todos os prognósticos que daban como favoritos a Rusia, Ucraína e Romanía, a embarcación dirixida por David, logra dar a sorpresa e alcanzar un excelente 3º posto nestes mundiais que se celebraron na localidade de Montemor (Portugal), conseguindo un valioso Bronce para España.

Finaliza asi para David, unha excelente tempada na que ademais de conseguir este éxito mundial, revalida varios campionatos nacionais. 

27 de xullo de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.