Curtis convoca un pleno extraordinario sobre o sector lácteo
O Concello de Curtis convocou para este venres, 3 de xullo, ás 10.30 horas, un pleno extraordinario para abordar a crise do sector lácteo, atendendo á moción presentada polo BNG o pasado 29 de xuño. Ante a importancia do tema, o Goberno local trasladará o Pleno da Casa Consistorial ao Edificio de Usos Múltiples de Teixeiro, con capacidade para máis de duascentas persoas, co fin de ampliar o aforamento e que poidan asistir todos os gandeiros e veciños que así o desexen.
Na orde do día tratarase a moción presentada polo BNG sobre a crise do sector lácteo, así como as xestións e trámites realizados polo Goberno local ante as distintas Administracións en apoio do sector e dos gandeiros.