publicidade hoxe

Curso de iniciación a cestería en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A  Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar, a través do programa ACTIVATE da Deputación de Pontevedra vai impartir unha formación sobre un dos  oficios mais antigos,   A CESTERÍA

Con este curso pretenden que a mocidade do Concello coñeza e poña en valor esta actividade que naceu como complemento da agricultura e a necesidade de usos cotiás( cestos, cestas, sombreiros, etc), proporcionándolle a  estas novas xeracións facilidades para que coñezan un oficio artesán.

O curso  ten unha formación de 40h, vaise desenvolver no concello de Gondomar do 19 ao 30 de outubro.

O que este interesado pode pasar pola Oficina Municipal de información Xuvenil e inscribirse ou chamar ao 986.369.746 dende o 21 de xullo ata o 30 de setembro do 2015.

20 de xullo de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.