Curso de informática en Cerdedo
O Concello de Cerdedo iniciou o curso básico de informática no que os usuarios aprenderán os coñecementos básicos de word, excell e power point. O mesmo é os martes, mércores e xoves de 10 a 13 h. e asisten 15 veciños de Cerdedo. Celébrase nas instalacións da biblioteca.