Cultura no Camiño oferta unha semana de actividades infantís en Pontevedra
Coa última actuación do Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra esta noite, a cargo de Virxilio da Silva Quinteto, a cidade xa se prepara para unha nova semana de festas de verán con propostas para todos os públicos.
Do luns ao domingo, a cidade poderá gozar do novidoso programa Cultura no Camiño con actividades para nenos, das festas de Santiaguiño, de Cinema na Lúa e tamén do Festixeve, unha mostra de como as festas da cidade achéganse ao rural.
Cultura no Camiño
Cultura no Camiño é unha actividade pensada para nenos que abarcará distintos ámbitos artísticos: teatro, música e xogos infantís. Terá como centro de operacións a praza do Teucro que será dos máis novos a partir das 19.30 horas todos os días.











