Cuíña recibe aos participantes no Intercambio Xuvenil “A ciencia lévanos a través das fronteiras”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Participantes no programa

Participantes no programa

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, recibiu hoxe ao grupo de mozos e mozas que o próximo luns, 20 de xullo, partirán cara Bélxica para participar no Intercambio Xuvenil “A ciencia lévanos a través das fronteiras”, que se celebrará na vila de Lubbek. Cuíña desexoulles unha boa viaxe e a mellor das estancias e recordoulles que actuarán como representantes de Lalín no exterior. Este intercambio enmarcase dentro das actividades anuais organizadas pola Federación Linden á que pertence o Concello de Lalín, en conxunto con outras 5 vilas europeas irmanadas: Lalinde (Francia), Linden/Holstein (Alemaña), Linden/Beers (Bélxica), St. Georgen am Walde (Austria) e Cuijk (Holanda). Neste intercambio participarán  máis de 60 mozos de toda Europa das vilas anteriormente mencionadas. Os mozos e mozas de Lalín viaxarán acompañados por dúas Monitoras de Tempo Libre colaboradoras da Asociación CIRLA.

Programa de actividades:

O programa de actividades que terá unha duración de 10 días, ten como obxectivo primordial a creación de lazos de amizade e relacións frutíferas entre as persoas das diferentes vilas, promovendo o coñecemento mutuo entre os distintos países europeos que participan e a ciencia como nexo de unión. Por ese motivo todos os xoves farán actividades nas casas de familias particulares asignadas.

Entre as actividades, que realizarán destacan a visita a empresas punteiras da zona como Materialize, compañía mundial de impresión en 3D ou Bebat, compañía especializada na reciclaxe de baterías. Combinadas con actividades de ocio como Rafting polo río Dyle en balsas tradicionais, construídas polos/as propios/as participantes ou Visita a Bruselas onde se achegarán ao Parlamento Europeo e manterán un encontro con europarlamentarios/as. O programa de actividades rematará con un espectáculo final preparado polos/as propios/as xoves ante as familias anfitrionas.

15 de xullo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.