Cuíña continúa coas visitas ás distintas parroquias de Lalín

Cuíña na visita a Busto
O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Rural, Miguel Medela, continuaron hoxe co seu programa de visitas ás parroquias do municipio. En concreto, esta mañá achegáronse a Bendoiro, Prado e Busto, onde se reuniron con veciños para coñecer de primeira man as súas principais demandas. Cuíña emprazounos a unha nova reunión no mes de agosto para avanzar nos temas pendentes para o rural lalinense, cuxa mellora -tras o deselixo ao que o someteu o goberno do PP nos últimos anos- constitúe unha das prioridades para o alcalde e o seu equipo.











