Costa Noroeste renova a súa mesa na primeira xuntanza ordinaria da nova etapa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol acolleu na tarde do luns a primera xuntanza ordinaria do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa Noroeste, que administra Fondos da Unión Europea e que abrangue a 90.000 veciños das zonas rurais de  12 concellos -8 deles na comarca de Ferrol (Ferrol, Narón, Fene, Neda, Mugardos, Ares, Valdoviño e Cerdido) e 4 da comarca do Ortegal  (Cedeira, Cariño, Ortigueira e Mañón).

Nesta primeira xuntanza presidida polo alcalde de Ferrol, Jorge Suárez,  procedeuse á modificación dos cargos unipersonais da Mesa institucional, a resultas dos cambios nos organigramas municipais tras das eleccións locais do pasado 24 de maio.

NOVA COMPOSICIÓN: 

Presidente.- Alcalde de Ferrol: D. Jorge Suárez Fernández

Vicepresidente.- Alcalde de Ortigueira: D.Juan Penabad Muras

Vicesecretario.- Representante de Mugardos: D. Gabriel Bujanes Coto

Vocal.- Alcalde de Cariño: D. José Miguel Alonso Pumar

Vocal.- Alcalde de Cedeira: D. Pablo Diego Moreda Gil

Vocal.- Alcalde de Cerdido: D. Benigno Galego Castro

Vocal.- Representante de Fene: D. César Daniel Castro García

Vocal.- Alcalde de Valdoviño: D. Alberto González Fernández  

Seguen nos cargos:

Como Secretario.- Concello de Ares: D. Julio Ignacio Iglesias Redondo

Como Vicetesoureiro.- Representante de Narón: D. Manuel Ramos Rodríguez

Vocal.- Alcalde de Mañón: D. Alfonso Balseiro Gómez

Na orde do día, e por unanimidade, saíron adiante dos seguintes acordos:

A) Catro proxectos de investimentos que suman 378.618€ , nos que o Leader de Galicia aporta una axuda media do 38%.

Son os seguintes:

Adecuación de terreo para encontro de vecinos, promovido pola  AVV Cruz da Lousa( Ortigueira)
Ampliación de empresa de servizos forestais, promovido por FORFAFER S.L. ( Cedeira)
Posta en marcha dunha aula sociodixital para persoas con autismo, promovido por ASPANAES
Adquisición de procesadora para servizos forestais, promovida por o autónomo Jesús Picos Gómez ( Ortigueira).

B) Pospuxose a celebración do Congreso sobre extratexia  comarcal de desenvolvemento e crecemento intelixente 2014-2020, ata que a Xunta de Galicia elabore o mapa territorial do vindeiro periodo Leader 2014-2020.

21 de xullo de 2015 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.