Correos promociona Vigo cun mataselos do poboado castrexo do Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Caballero na presentación do mataselos

Caballero na presentación do mataselos

O alcalde participou este martes na presentación do mataselos especial de Correos coa imaxe do poboado castrexo do Monte do Castro e eloxiou a promoción que a compañía realiza do patrimonio histórico, cultural e turístico vigués. Filatélicos, clientes e peregrinos poden solicitar este mataselado espcial para os seus envíos na oficina de Correos.

O poboado castrexo do céntrico monte vigués, recentemente recuperado polo Concello de Vigo, foi elixido por Correos como imaxe deste mataselado especial co que promocionar a cidade, nun acto celebrado esta mañá na oficina da compañía na Praza de Compostela e que contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto a concelleiros do goberno local, do presidente da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, Valentín Suárez, e o director da Zona 1 de Correos, Ángel Pérez.

Este mataselos esta na nomeada oficina desde hoxe e de forma permanente, e foi deseñado para atender peticións de cidadáns vigueses, filatélicos e turistas, segundo apuntou Correos. Con esta fórmula promociónase os lugares emblemáticos das urbes, neste caso a de Vigo, a través dos envíos postales.

21 de xullo de 2015 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.