Cores Tourís preside unha xuntanza na que se se estudaron actuacións do plan director para a mellora do Lago Castiñeiras

Cores Tourís na reunión para a recuperación do Lago Castiñeiras
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presidiu esta mañá unha reunión de traballo co obxectivo da mellora e recuperación do entorno do Lago Castiñeiras. Na reunión estiveron presentes a alcaldesa de Marín, María Ramallo, a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, a tenente alcalde de de Vilaboa, Olalla Fernández, os xefes territoriais de Medio Rural e do Mar e Medio Ambiente, así como responsables de Cultura e Turismo. Tamén participaron na reunión representantes das comunidades de montes San Martiño de Vilaboa, Santo Tomé de Piñeiro e Santa Cristina de Cobres.
Segundo se acordou na reunión proximamente a os representantes das comunidades do Lago Castiñeiras remitirán á Delegación Territorial o Plan Director dun proxecto que busca a posta en valor da zona para a súa análise en profundidade por parte da Xunta de Galicia.
O documento que se vai enviar consiste nun plan que ten o obxectivo mellorar este paraxe natural desenvolvendo diferentes iniciativas turísticas, medio ambientais e de ocio no que plantexaron a intervención a Deputación de Pontevedra e os concellos de Marín e Vilaboa, así como diversas entidades privadas.
Durante a reunión tratáronse aspectos como a posibilidade de recuperar os asadores, establecendo métodos de protección e con persoal equipado para controlar o seu uso ou o impulso do que sería o primeiro gran xardín botánico de Galicia. Tamén se falou da posible recuperación do miradoiro de Cotorredondo, da proposta de continuidade a través dun convenio a trinta anos do Centro de Recuperación de Fauna, do actual funcionamento da Aula da Natureza con rutas guiadas para coñecer a zona en profundidade e da recuperación da senda das Mámoas de 9 km.
Dende a administración autonómica mostraron o súa vontade de continuar colaborando na súa conservación. Tal e como declarou Cores Tourís “seguiremos axudando a través da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes como nos últimos anos”. Ademais “nos próximos días un técnico acudirá ao Lago Castiñeiras para analizar as perdas de auga”, engadiu o delegado territorial, xa que ademais do seu valor medioambiental tamén se trata de un punto clave durante o verán para carga de auga nos helicópteros de servizo de extinción de incendios forestais.
Para desenvolver estas actuacións planteouse a posibilidade de realizalas a través de proxectos Agader, de axudas á promoción do turismo a través de Terras de Pontevedra.
Por outra banda segundo explicou o delegado territorial a semana pasada a Xunta de Galicia concedeu a Terras de Pontevedra unha axuda para a promoción turística da comarca, que permitirá potenciar o interese da área e o seu patrimonio cultural.
Finalmente os alcaldes agradeceron o interese do delegado territorial por poñer en marcha tarefas de mellora no entorno do Lago Castiñeiras, e engadiron a súa demanda de iniciar un plan estratéxico que permita financiar o mantemento e a posta en valor deste entorno.
Os representantes dos concellos, das comunidades do Lago Castiñeiras e a administración autonómica quedaron en manter unha nova reunión tras analizar o Plan Director.











