publicidade hoxe

Cores Tourís mantén un primeiro encontro institucional co novo alcalde de Portas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortas
A-
A+
Cores Tourís na reuni´n co alcalde de Portas

Cores Tourís na reuni´n co alcalde de Portas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, iniciou esta mañá no concello da Portas unha rolda de visitas institucionais cos concellos que contan, dende o pasado 24 de maio, con novos alcaldes e alcaldesas dentro do ámbito de actuación da Delegación Territorial de Pontevedra.

O delegado territorial visitará así, a ritmo de dous concellos por día, as 18 novas corporacións que variaron de rexedor nas últimas eleccións municipais, dentro dos 48 concellos que dependen da Delegación Territorial de Pontevedra. Tal e como asegurou José Manuel Cores Tourís, “quero falar cos rexedores e rexedoras co obxectivo de coñecer cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”.

Portas foi o primeiro concello que visitou o delegado ao comezar estas visitas polo concello máis pequeno e rematando polo de maior poboación, Vilagarcía de Arousa. Durante a súa visita, José Manuel Cores Tourís púxose a disposición de Víctor Estévez co obxectivo de seguir a executar os proxectos xa iniciados coa administración autonómica, así como con todo o que dependa da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra.

Entre os temas que se analizaron na reunión desta mañá destacaron a necesidade do concello de seguir a potenciar tanto a concentración parcelaria como o Camiño Portugués de Santiago, así como o saneamento das parroquias do municipio.

“É un orgullo que o delegado territorial elixira Portas para comezar esta rolda de visitas”, explicou Víctor Estévez, quen destacou que xa lle deu traslado dos temas que máis preocupan a localidade, “en especial as necesidades da Azucarera, onde se atopa un centro de día, unha escola infantil e un auditorio”. Neste senso, trasladou a Cores Tourís a necesidade da execución de melloras no teito do edificio de “xeito que poidamos evitar humidades e filtracións. Trátase dunha obra moi importante que necesitará ser executada a través de varias fases e para a que tentaremos conseguir financiación”, engadiu o novo rexedor de Portas.

O delegado territorial da Xunta, pola súa banda, destacou a implicación da administración autonómica no concello, recordando os 345.000 euros investidos para a construción dunha nova estación de tratamento de auga potable en Lantaño ou os 530.000 euros destinados ao saneamento e abastecemento de Castro, San Roque e Briallos. “Neste mesmo senso cabe destacar os 3 millóns de euros investidos nesta lexislatura para a posta en marcha do abastecemento de auga ao polígono de Barro-Meis á Briallos”, engadiu Cores Tourís.

A execución dunha senda peonil sobre o Río Chaín na que se investiron 177.000 euros e o desenvolvemento da rede de camiños da concentración parcelaria de Briallos, á que se destinaron case 920.000 euros

6 de xullo de 2015 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.