Convócase a reunión do Comité de Irmanamento para o próximo mércores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Comité de Irmanamento da Laracha foi convocado para celebrar o mércores (22 de xullo) a partir das 13:00 horas e no Salón de Plenos unha reunión para tratar os detalles da visita na fin de semana do 19 e 20 de setembro dunha delegación procedente de Olonne sur Mer, municipio francés co que está irmandado o Concello da Laracha desde o ano 2010.

Desde o Comité de Irmanamento francés comunicouse que o grupo de persoas que viaxarán teñen moito interese en coñecer o termo municipal da Laracha e realizar encontros e actividades con veciños e co tecido asociativo local.

Na xuntanza do mércores consensuarase o programa a desenvolver durante a estancia deste grupo de olonnais no noso Concello. Forman parte do Comité de Irmandamento, ademais de membros do Goberno Local da Laracha, representantes dos tres grupos políticos da oposición e das principais asociacións culturais (Santa María de Torás e Queiroga de Paiosaco) e clubs deportivos (Laracha C.F., U.D. Paiosaco e Club de Salvamento Acuático Laracha) do termo municipal. 

18 de xullo de 2015 | 17:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.