Continúan os monicreques de verán en Bueu co “Horroroso crime de Xan Miñoca”
Os máis pequenos e pequenas poderán disfrutar dunha nova sesión de monicreques a cargo da compañía Viravolta, que presentará a partir das 21 horas o seu espectáculo “O horroroso crime de Xan Miñoca”, unha obra que se basea nas farsas de títeres de cachiporra tradicionais, que inspiraron as creacións deste xénero de autores como Lorca ou Blanco Amor, para crear unha farsa na que o cura, o rico, o pastor e Xan Miñoca pretenden os amores de Consolación. Todo ben condimentado coa música e efectos do Señor Pianista. E o mércores, a Praza Massó encherase de cine da man de “Big Hero 6” ás 22.30 horas. No caso de mal tempo, esta actividades serán trasladadas ao Centro Social do Mar.











