Continúa a captación de xogadores para as categorías base do Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

O corpo técnico das categorías base realizou no pavillón Lorenzo da Torre unhas xornadas de captación, pero a opción de xogar nestes equipos do club obradoirista segue aberta. Calquera xogador ten as portas abertas para probar sorte no Rio Natura Monbus Obradoiro.

José Ángel Rivera ‘Mozan’ está atento a todos os xogadores que queiran xogar no club. “Ás xornadas de captación viñeron varios xogadores, de diferentes categorías, pero o que non veña ás xornadas e queira xogar pode porse en contacto co club, que o acolleremos como uno máis da familia obradoirista”.

Aínda así, o director da canteira afina un pouco a procura de xogadores. “A nós o que máis nos interesa é que canta máis xente de categorías de preminibasket e minibasket veña, mellor. Queremos acoller aos nenos e acompañarlles na súa progresión desde o principio, aínda que non lle pechamos as portas a ninguén doutras categorías”.

Ademais, facéndose Amigo da Fundación Heracles, poderase apoiar ás categorías de base do Rio Natura Monbus, cun importante desconto no abono da tempada 15/16, xunto a outras vantaxes. Toda a información sobre a Fundación Heracles pode atoparse na web (www.fundacionheracles.org) ou nas oficinas do club (Multiusos Fontes do Sar, R/ Diego Bernal s/n) de 10h a 14h e de 17h a 20h. 

28 de xullo de 2015 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.