Concerto ‘Estamos no Verán’ en Bueu para dinamizar a lingua galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

O Concello de Bueu e a Xunta de Galicia organizan o concerto “Estamos no verán”, grazas ao que encherán a praza Massó este domingo a partir das 21 horas. O espectáculo, enmarcado nas actividades de dinamización lingüística da Xunta de Galicia, corre a cargo do artista Xoán Curiel e a banda Son+ de 2, cun feixe de historias para cantar, brincar e gozar na nosa lingua facéndoa protagonista do tempo de ocio.

“Estamos no verán” conta e canta as aventuras dun grupo de xente miúda que soña con montar o seu propio grupo de música e facer cancións en galego. Os espectadores bailarán a ritmo de rock, funk, blues, pop, reggae e bossa nova.

O evento forma parte do programa de Falaredes 2015 para achegar o galego aos nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, e xa celebra este ano a cuarta edición con éxito, transmitindo a nosa lingua con actividades de lecer polos 18 concellos galegos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística, entre os que se atopa a nosa vila.

No caso de chuvia, a actividade trasladarase ao Centro Social do Mar de Bueu.

17 de xullo de 2015 | 12:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.