Concentración en Pontevedra en repulsa contra o crime machista de Arbo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O xoves día 9 de xullo, ás 20:00 horas, no cruce das rúas Peregrina, Daniel de la Sota, García Camba e Andrés Muruáis ( tamén coñecido como Praza do 8 de Marzo), terá lugar unha concentración de repulsa contra o crime machista ocurrido na localidade de Arbo.

A Concellaría de Igualdade do Concello de Pontevedra, a través do Centro de Información á Muller, chama a sumarse á concentración en repulsa contra o asasinato e contra a violencia machista.

7 de xullo de 2015 | 14:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.