Concentración dos especialistas de salto da Sociedade Ximnástica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A FGA comeza hoxe martes, en Pontevedra, unha concentración da especialidade de saltos, dirixidas a atletas das categorías xuvenil e cadete. No CGTD de Pontevedra estarán os atletas galegos que a xuízo da Dirección técnica da Federación poidan formar parte nun futuro, dos equipos absolutos da selección galega.

Dúas son as atletas da Sociedade Ximnástica, que foron convidadas a participar; trátase de Emma Lorenzo Ramos, que se prodigou ultimamente no salto con pértega e Emma Lorenzo Casas, no triplo salto.

Serán tres días de traballo no que se valorará principalmente os aspectos técnicos das súas especialidades así como todo aquilo que axude na súa continua formación como atletas.

14 de xullo de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.