Concello de Ourense e Xunta avanzan no proxecto do novo albergue de peregrinos e na mellora das zonas termais

Jesús Vázquez e Nava Castro na visita ao edificio
Concello de Ourense e Dirección Xeral de Turismo avanzan nos proxectos do novo albergue para peregrinos e na posta en valor das zonas zonas termais da cidade. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro visitaron esta mañá o edificio sito na rúa Barreira, esquina con rúa das Burgas, que o Concello avalía como futuro albergue de peregrinos.
Técnicos municipais realizarán un estudio das posibilidades do inmoble, de titulariedade municipal, que permita definir con precisión a capacidade de aloxamento e instalacións para ser o futuro novo albergue que o Concello pretende ubicar nesta zona estratéxica da cidade, no marco do Casco Vello, entre as Burgas e a propia Praza Maior.
Paralelamente, Concello e Xunta avanzan na excecución de novos proxectos de mellora das zonas termais da cidade. Con esta finalidade, traballan na próxima sinatura dun convenio de colaboración que permita acometer proxectos por importe de 150.000 euros, centrados na mellora de infraestruturas turísticas termais e a promoción e sinalización turística.
Os proxectos que se prevén incluir no convenio son:
– Instalación de iluminación pública na Fonte do Tinteiro
– Instalación dun sistema de arrefriamento de auga termal nas Termas de Outariz e Burga de Canedo
– Reposición do alumeado no paseo termal na zona do Xardín das Esencias
– Instalación de paneis con información dos recursos turísticos máis importantes en lugares estratéxicos
– Instalación de pantallas dixitais con tecnología interactiva multimedia
A posta en valor das zonas termais será tamén o obxectivo da nova Escola Obradoiro que porán en marcha a Xunta de Galicia e o Concello, e que comezará a traballar a semana próxima.











