publicidade hoxe

Comisión de coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Reunión da Comisión de Coordinación

Reunión da Comisión de Coordinación

O pasado 2 de xullo tivo lugar a primeira Comisión de coordinación para a mellora de atención ás vítimas de violencia de xénero no concello do Carballiño celebrada no presente ano 2015. Salientar que no que levamos de ano houbo unha baixada en relación ós casos de violencia de xénero no Carballiño. E que os protocolos e cauces de colaboración entre as diferentes administracións están dando o seus froitos mediante reunións deste tipo, onde cada institución pon o seu grao para  poder loitar contra a lacra social da violencia de xénero.

Nesta ocasión participou por vez primeira  nesta comisión a nova corporación local, mediante a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega quen presidiu dita comisión. Tamén estivo presente o concelleiro Adolfo Nogueira responsable da área de Seguridade Cidadá.

Por primeira vez foron convidados ós equipos de orientación dos centros educativos para poder contar coa súa opinión na temática e que poidesen expoñer as súas dúbidas, demandas e/ou necesidades ó respeto.Acudiron a orientadora da Vila do Arenteiro, a do IES Nº1 e a do IES Chamoso Lamas. O orientador do CEIP Calvo Sotelo non puido asistir por motivos laborais.

Neste sentido destacouse a importancia de traballar a prol da eliminación dos comportamentos machistas nos centros educativos, como medida de prevención no tocante á violencia de xénero. A concelleira Marina Ortega, amosou a súa plena disposición cos centros educativos para colaborar na  prevención da violencia de xénero dende a súa concellería, destacando a importancia de traballar co alumnado dende idades temperás comportamentos igualitarios alonxados dos esteriotipos e prexuizos machistas que abundan na nosa sociedade.

7 de xullo de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.