publicidade hoxe

Comezan en Ribadumia os Xoves animados con inchables e delfín acuáticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia, en colaboración coa concellería de Cultura, preparou para este verán un programa de ocio infantil baixo o nome de “Xoves Animados”. As actividades comezan este xoves día 9 de xuño con inchables e delfín acuáticos para facer fronte ócalor do período estival.

Coma o resto das actividades,os inchables estarán situados na Praza do Concello en horario de 18:00 a 21:00 horas. Aínda que nun primeiro o momento a actividade estaba programada para as 19:00 horas, dende a concellería decidiuse cambiar a hora para adaptala áactividade acuática.

A entrada égratuíta e os inchables estarán supervisados por monitores que atenderán ós pequenos e ás súas familias. Dende o Concello espérase a participación activa de todas as familias para apoiar a labor dos monitores e, sobre todo,  que os pequenos disfruten do seu tempo de ocio do verán.

6 de xullo de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.