Comezan as tarefas de limpeza na Área de Reparto 21

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Tarefas de limpeza

Tarefas de limpeza

O Concello de Lalín comezou as tarefas de limpeza na denominada Área de Reparto 21. Operarios municipais achegáronse ata o lugar unbicado no entorno das rúas Melide e Monte Faro, para empezar coas actuacións de desbroce naquelas parcelas que pertencen ao Concello. Os operarios tiveron que traballar de xeito manuel nas zonas pegadas á estrada, para non ocasionar posibles danos nos vehículos estaciondos. Os técnicos municipais de obras sinalaron que será preciso “delimitar de forma máis precisa”  nos próximos días  os terreos do Concello para poder finalizar por completo os desbroces. Así mesmo, tamén se lles enviou unha notificación aos donos das parcelas privadas para que procedan a adecentar as súas propiedades.

31 de xullo de 2015 | 13:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.