publicidade hoxe

Comezan as Sesións Vermú na Fábrica de Santa Cristina

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

Este domingo 12 de xullo dan comezo as Sesións Vermú da Fábrica de Santa Cristina. Serán na terraza de 13.00 a 15.00h durante xullo e agosto e irán acompañadas dun aperitivo e de música en directo.  A primeira actuación correrá a cargo de David el Cuerdas & K’landrakers que xa se encargou de inaugurar, con moito éxito, as Veladas dos Xoves que teñen lugar na Fábrica a partir das 22.00h.

Ademais, xa está activo o concurso de bandas co que A Fábrica quere dar un empuxón ás bandas que están a empezar a súa andaina. O concurso estará activo no Facebook da Fábrica até o 22 de agosto. O grupo máis votado tocará nas Veladas dos Xoves o 27 de agosto e recibirá 300€ de premio e unha cea no restaurante para todos os integrantes do grupo. 

Trátase dunha nova iniciativa do destacado restaurante de Santa Cristina que, desde que foi asumido polo Grupo Carpe Diem, quixo renovar o proxecto cunha aposta pola profesionalización do equipo, a orientación ao cliente, a cociña de calidade e, sobre todo, a aposta de crear un espazo de innovación gastronómica para todos os públicos.

8 de xullo de 2015 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.