Comezan as obras de mellora da accesibilidade, instalación e sistemas de información na estación de autobuses de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, inicia hoxe as obras da segunda fase das obras de mellora de accesibilidade, instalacións e sistemas de información das estacións de autobuses de Lalín. A Dirección Xeral inviste case 25.000 euros nestes traballos, que teñen por obxectivo mellorar e modernizar a rede de estacións de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

Así, na estación de Lalín repararanse as infiltracións de auga procedentes da cuberta, polo que se levará a cabo a súa reposición. Así mesmo, arranxarase o muro existente na zona de andéns e que limita á estación coas parcelas contiguas, polo que se demolera parte do muro vello e, como acabado, proponse o pintado do muro na súa integridade e en ambas caras, previo enfoscado con mortero de cemento na zona a refacer.

Plan Renove

Coa finalidade de fomentar o uso do transporte público, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lanzou o Plan Renove das estacións de autobuses de Galicia que contempla a mellora e modernización da rede destas infraestruturas de transporte público por estrada da comunidade autónoma.

O Plan Renove parte dunha auditoría técnica previa efectuada pola Dirección Xeral de Mobilidade a cada unha das estacións de autobuses das que é titular, co obxectivo de avaliar o estado de conservación das instalacións. Neste análise constátase que as deficiencias das estacións de autobuses se deben, con frecuencia, a unha deficiente conservación e mantemento das instalacións. 

O plan finánciase con cargo ao Programa Operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que dentro dos seus obxectivos estratéxicos pretende reforzar o desenvolvemento das infraestruturas ambientais e de transportes

31 de xullo de 2015 | 13:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.