Comeza o III Trofeo Coruña The Style Outlets

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Hoxe arrinca a XV edición da Semana Náutica: III Trofeo Coruña The Style Outlets, cunha participación próxima ás 150 embarcacións, entre Optimist e Laser. Pola mañá todos os competidores confirmarán as súas inscricións na Oficina de Regatas, e faranse á auga para disputar as 3 primeiras probas do campionato.

A predición meteorolóxica é boa, con ventos do nordeste 13-18 nós e ceo nubrado. Polo que seguro, a competición será intensa. Entre os favoritos atópanse a regatista do RCN Sanxenxo Alba Trigo que recentemente finalizaba o Campionato de Europa Clase Optimist en 10ª posición, e os regatistas portugueses que este ano tamén navegaron o Campionato de Europa e Mundial.

A outra clase en competición é o “Láser”, idónea para regatistas entre 16 e 25 anos, e onde se contará cunha participación de 35 barcos procedentes principalmente de Galicia, Madrid e Portugal.

Igualmente haberá 3 regatas por día, o sábado e o domingo. O seu campo de regatas estará situado ao norte do Dique de Abrigo, na zona de Adormideras.

UN GRAN ESPECTÁCULO NÁUTICO

As diferentes regatas da Semana Náutica poderán ser seguidas polos coruñeses desde distintos puntos da bahía: Paseo Marítimo, A Torre, Oza e Bastiagueiro.

31 de xullo de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.