publicidade hoxe

Comeza o curso de fotografía dixital en Gondomar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Hoxe tivo lugar no Centro Neural a Presentación e Inicio do Curso de Fotografía Dixital, á que asistiu Paco Ferreira e a concelleira Iría Lamas, posto en marcha desde a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Gondomar. Contan coa profesora Ani Peréz Fotógrafa de Ramallosa durante 13 anos.

Durante as 30 horas repartidas en tres horas dous día á semana (martes e xoves de 10:00h a 13:00h ), os alumnos e alumnas, de entre 14 e 30 anos, adquirirán coñecementos tantos técnicos como prácticos como son as partes dunha cámara, trucos, a luz, o uso do flash ou o retoque dixital. Todo o necesario para sacarlle partido a unha cámara de fotos e poder obter unha imaxe de calidade. 

O alcalde Paco Ferreira sinala a gran oportunidade que teñen os mozos do Concello ao poder participar nun curso destas características e tan necesario hoxe en día xa que “todo o digital é o futuro”. 

Espérase que á finalización do curso os alumnos fagan unha exposición das fotos onde demostren todo o apreso.

1 de xullo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.