Comeza o asfaltado de todo o ámbito da avenida Josefina Arruti

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Concello de Pontevedra inicia este luns, 27 de xullo, os últimos traballos de pavimentación da avenida Josefina Arruti, rúa Luís Seoane, avenida da Estación e da confluencia desta con Fernández Ladreda, Fernando II e a avenida de Vigo. Son traballos de grande envergadura que se realizarán gradualmente durante toda a semana para evitar o maior número de molestias aos veciños e aos comercios, co propósito de afectar o menos posible a garaxes e á actividade comercial neste ámbito.

Durante a presente semana, de martes a xoves fresáronse algunhas destas rúas (avenida da Estación, cruzamento con Fernández Ladreda, avenida de Vigo e Luís Seoane) para poder proceder ao seu asfaltado na próxima semana.

Segundo o plan fixado pola Policía Local, os servizos de enxeñería do Concello e das empresas concesionarias, os traballos faranse durante toda a semana. O resume das pavimentacións é o seguinte (consultar detalles nos planos da Policía Local):

• 27 xullo: avenida da Estación

• 28 de xullo: avenida da Estación e Fernando II.

• 29 de xullo: avenida de Vigo

o 08.00-14.00 horas: rúa Estación até Herminia Fariña Cobián.

o 14.00-21.00 horas: dende Herminia Fariña Cobián até Luís Seoane

• 30 e 31 de xullo: avenida Josefina Arruti e Luís Seoane.

27 de xullo de 2015 | 12:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.