Comeza a primeira quenda do campamento urbano de Lalín con 40 inscritos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

A primeira quenda do campamento urbano dou comezo hoxe ás 16.00 horas cunha charla informativa aos familiares dos participantes na casa da xuventude á que tamén asistiu o alcalde, Rafael Cuíña, e o concelleiro de Ocio e Xuventude, Juan José Cruz. Esta primeira rolda cubriu por completo as súas prazas e serán 40 os nenos e nanas de entre 5 e 9 anos que participarán nas actividades organizadas polo campamento ata o próximo día 31.  En total son 18 nenas e 22 nenos os que os que formarán parte desta primeira sesión, pero aínda quedan prazas para a segunda e a terceira quenda, que poderán ser solicitadas polos interesados ata 5 días antes do seu comezo.

As actividades lúdicas terán lugar en horario de 16.00 a 20.00 horas e o punto de reunión será cada día a Casa da Xuventude de Lalín .  O campamento está baseado, fundamentalmente, nos principios reitores de integración, inserción social e promoción da vida saudable a través do deporte  e a convivencia en igualdade. Así mesmo, promoverase a o valor da solidariedade dentro da diversidade, a promoción da lingua galega e a formación continua, seguindo o principio de eficacia e eficiencia como método para alcanzar os fins propostos.

Por outra parte, a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), informou de que o próximo día 5 de agosto se celebrará ás 20.00 horas na Casa da Xuventude, unha reunión informativa ás familias sobre o campamento da praia que terá lugar en Porto do Son dende o 14 ao 23 de agosto en primeira quenda.

20 de xullo de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.