publicidade hoxe

Comeza a dixitalización do arquivo do Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Onte comezaron os traballos de dixitalización do Arquivo Municipal do Grove ubicados na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rei. Este procedemento vai parello a outro proxecto, tamén mediante financiamento da Deputación denominado “DepoTIC. A tecnoloxía nas túas mans” que permitirá mellorar os procesos de xestión e catalogación do patrimonio cultural, potenciando a difusión do mesmo. Este plan tradúcese na implantación de novos programas de arquivo que permitirán que o acceso público, a través de internet, resulte máis sinxelo, sen necesidade de facer desprazamentos e creando un conxunto de e-servizos que permiten acceder ó patrimonio documental.

Neste primeira fase está prevista a dixitalización de 849 libros, expedientes ou agrupacións documentais – dos 33.572 que actualmente conserva o arquivo- incluídos nun periodo cronolóxico que vai dende 1833 ata 2013 cunha estimación de máis de cen mil imaxes.

 

7 de xullo de 2015 | 11:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.