Comeza a 42 regata Rías Altas-El Corte Inglés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportes
A-
A+

Hoxe xoves comeza a 42 Regata de cruceiros Rías Altas-El Corte Inglés, coa disputa da primeira etapa, A Coruña-Sada, con saída ás 12 horas. De noite haberá unha recepción oficial en Sada ofrecida polo concello desta vila e posterior entrega de trofeos aos gañadores.

A regata continuará o venres, coa etapa máis longa e dura para as tripulacións, entre sada e Muxía de 52 millas. A terceira etapa, Muxía-Malpica, disputarase o sábado con 26 millas de percorrido, para finalizar o domingo coa cuarta etapa entre Malpica e A Coruña, con 27 millas de percorrido. Ese mesmo domingo de noite celebrarase a entrega de premios na sede do RC Náutico da Coruña, acto en que estará o presidente do Club, Germán Suárez Pumariega e o concelleiro de Deportes coruñés José Manuel Sande.

Numerosas firmas comerciais colaboran con esta edición da Regata, como Bonilla á vista, a Adega Vía Romana, os vermús Nordesía, Novomóvil, Frinsa e Maeloc. Igualmente cóntase nesta ocasión cun premio especial para os vencedores en cada categoría, e será un “spinnaker” para os respectivos barcos vencedores.

Entre a numerosa participación de cruceiros cabe destacar a presenza do vencedor do pasado ano, a “Vitoria” de Jesús Pintos, así como o “Gómez, patroneado por Andrés Soto.

Tamén é destacable a presenza do “Araucaria”, de  de Joaquín Cobelo, o “Saiola”, de Carlos Fernández ou a “Losqueada”, de Fran Edreira.

Na saída tamén estará o barco de Carlos Luís Ferreiro, “Aledapa”, gañador de edicións anteriores desta Regata, o “Vilán”, de Luís Bodelón, o “Piko Norte” de José Manuel Castro.

9 de xullo de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.