COGAMI inicia un curso de xardinería para persoas con discapacidade en Lugo
As instalacións que COGAMI ten en Lugo (rúa da Luz, nº4, polígono de Fingoi) acollen un curso de AFD de xardinería no que se están a formar 15 persoas, 13 homes e 2 mulleres, procedentes dos concellos de Lugo, Antas de Ulla, Begonte e Guitiriz, estando todas estas inscritas no servizo de emprego de COGAMI, o SIL.
Denominado Actividades auxiliares de viveiros, xardíns e centros de xardinería, esta formación está dirixida a persoas con discapacidade e en situación de desemprego, sendo subvencionada Cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería de Emprego e Benestar a través da Dirección Xeral de Emprego e Formación
Cun total de 348 horas de duración, con data de inicio o 15 de xullo e con data de remate prevista para o 21 de outubro, para formar parte deste curso, o alumnado, ademais de ter discapacidade recoñecida, ou unha incapacidade laboral recoñecida que lles impide volver desempeñar a profesión que tiñan, debe estar inscrito como demandante de emprego.
As clases impártense de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e as persoas participantes formaranse en contidos tanto teóricos como prácticos sobre zonas operacións básicas en viveiros e centros de xardinería, para a instalación de xardíns, parques e zonas verdes, para o seu mantemento e ademais realizarán 80 horas de prácticas profesionais.