Clausúrase o I Campus da Santiago Futsal Talent Factory

Clausura do Santiago Ftusal Talent Factory
A primeira edición do Campus da Santiago Futsal Talent Factory foi clausurada cun gran éxito tanto a nivel deportivo como mediático en Xapón. A provincia de Nagasaki acolleu estas xornadas cunha gran expectación que fixo que as prazas se esgotasen rapidamente, para a segunda edición do campus que terá lugar o mes que vén de feito xa non quedan prazas libres. Máis de 40 nenos de diferentes categorías empapáronse da filosofía de traballo do noso club, coñecendo novos conceptos e formas de traballo.
A axenda de Santi Valladares segue sendo moi intensa en Xapón. O seu labor como técnico do Santiago Futsal céntrase agora en ser asesor no campionato de seleccións territorial máis importante do sur de Xapón. Santi traballa coa selección de Nagasaki, dirixida polo director de formación en Asia do Santiago Futsal, Motonori Baba. Tras disputarse unha primeira fase na que este combinado quedou segundo, chega o momento de preparar a fase final nacional.











