Cinco atletas da Ximnástica competirán por Galicia no Torneo de Autonomías

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Xixón acolle o vindeiro sábado o Campionato de España de Federacións Autonómicas, a última gran cita nacional antes do Campionato de España Absoluto. Tras o galego absoluto, os responsables da Federación Galega deron a coñecer a lista de atletas que vestirán a camiseta azul e branca de Galicia e na que estarán cinco atletas da Sociedade Ximnástica de Pontevedra.

O feito de conseguir o título de Campión de Galicia, abriron a selección a algúns dos atletas pontevedreses, Trátanse de Santi Ferrer Alonso que competirá na proba de salto con pértega, Víctor Gallego, que o fará no lanzamento de peso e Jorge Puig na distancia de 1.500 metros.

Doutra banda Darío Costas e Ángel Vargas, que conseguiron o subcampeonato, en 100 metros e en 400 metros respectivamente; formarán parte do combinado galego nas substitucións 4×100 e 4×400.

Para todos eles será un premio á gran tempada que están a realizar.

O equipo cadete feminino busca oco para a final do nacional de Clubs

Tras 10 anos celebrándose, un equipo da Sociedade Ximnástica pode estar na Final dos 8 mellores, do Campionato de España Cadete por Clubs. Trátase do equipo feminino da entidade pontevedresa, que acaba de presentar á RFEA, o Estadillo de marcas que se esixe para aspirar a dita Final.

Durante toda esta década a Ximnástica non chegaba a completar o número de atletas necesarias, un total de 17 como mínimo, para presentar a candidatura á Final. O gran incremento de mozos nas Escolas Municipais de Atletismo, nos últimos tres anos, propiciou poder cubrir todas as probas do Campionato. Froito diso foi o acudir ao Campionato de Galicia por equipos, tras catro anos de ausencia, onde as mozas rozaron o podio cun magnífico cuarto posto; propiciando que os adestradores da Ximnástica aposten por tentar meter ao equipo no Campionato de España.

As Cadetes totalizan 8.670 puntos no Estadillo de marcas, un pouco lonxe dos 9.300 que se necesitaron o ano pasado para clasificarse; a esperanza da entidade pontevedresa está posta no vaivén que hai nesta categoría, onde o listón mínimo de puntos sofre grandes variacións dun ano para outro.

Nuns días a RFEA publicará as puntuacións de todos os equipos, dos que os 8 mellores, estarán o próximo 12 de outubro na ansiada Final, oxalá vexamos alí a un equipo de Pontevedra.

 

21 de xullo de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.