publicidade hoxe

Chino chega ao Burela coa ilusión de intentar conseguir algo grande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+
Presentación de Chino

Presentación de Chino

Chego con moita ilusión de intentar conseguir algo grande tamén con Burela. Gañar a Copa de España ábreche moitas portas; tiven moitas ofertas pero este é un equipo serio, cun proxecto moi interesante e iso fixo que eu viñera ata aquí”, así declaraba Javier García, Chino, na súa presentación oficial co Burela FS Pescados Rubén onte na sede do club. O presidente, Manuel Blanco, e o directivo José Ángel Dovale deron a benvida ao ex-xogador do Jaén destacando a súa incorporación como un plus de “rapidez e intensidade” para o equipo.

O xogador de Albacete, de 23 anos, recala na Mariña con ganas de traballar e con desexos dunha rápida adaptación: “Espero meterme axiña na dinámica dun grupo xa feito, dun vestiario do que me falaron moi ben, que é unha piña”. “En Burela serei o mesmo de sempre, competitivo, agresivo, un xogador con rapidez e sobre todo loitador, que non me deixo nada intentando loitar cada balón”, así se mostraba o ala-pivote, para “estar o máis arriba posible na táboa”.

Chino, que lucirá o 20 laranxa, tamén tivo unhas palabras para a afección de Vista Alegre: “Xa vivín unha grande afección na casa, o ano pasado en Jaén; é un xogador máis en cada partido no que saes gañando 1-0. Cada vez que estiven en Burela como rival Vista Alegre estivo cheo; espero que esta tempada siga así porque é moi motivador para nosostros”, concluíu a nova adquisición mariñá.

31 de xullo de 2015 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.