publicidade hoxe

Catro feridos nunha saída de vía na estrada de Santa Comba a Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMurosSucesos
A-
A+
Europa Press

Catro persoas resultaron feridas de carácter leve despois de saírse da vía e caer por un desnivel o vehículo no que viaxaban en Muros, segundo informa o 112. Todos os feridos estaban liberados e accesibles, segundo confirmaron os técnicos de Urxencias Médicas. O sinistro produciuse a medianoite do martes na estrada de Santa Comba a Muros, nunha zona de monte da parroquia de Abelleira. Tras recibir a alerta, o centro de atención ás emerxencias avisou aos membros do GES de Muros e á Garda Civil de Tráfico.

15 de xullo de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.