Casares denuncia o recorte de profesionais nas escolas infantís de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita á escola infantil

Visita á escola infantil

O alcalde e o tenente de alcalde de Lalín visitaron esta mañá a escola infantil do Polígono. Tras esta visita, Nicolás González Casares -tamén concelleiro de Benestar Social- compareceu ante os medios para denunciar un novo recorte de persoal por parte da Xunta.

En concreto, vanse suprimir tres profesionais: unha mestra e unha educadora na gardería do polígono, e unha educadora na de Pontiñas.

Casares critica que se recorte o cadro de persoal dun servicio esencial para as familias, xa que quitar servizos deste tipo en Lalín é “unha vergoña e un ataque directo” por parte da Xunta. O tenente de alcalde lembra que a día de hoxe hai máis demanda para as garderías que o ano pasado e lamenta que dende a consellería de Traballo aínda non se puxeran en contacto co Concello para informar desta rebaixa de profesorado. Casares cualifica de desleal a actitude da Xunta e esixe que non se suprima nin unha soa praza.

27 de xullo de 2015 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.