Caranza acolle o IV Mercado Solidario de Segunda Man e Artesanía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O barrio de Caranza acolle este sábado a IV edición do seu Mercadillo Solidario de Segunda Man e Arsesanía que da a benvida ao verán que organiza a asociación de veciños ‘Cuco Ruiz de Cortázar’, con respaldo do Concello de Ferrol a través da Concelleria de Promoción Económica e Comercio.

Así o anunciaron este venres en rolda de prensa o edil, Felipe Sas, que compareceu acompañado pola presidenta e o vicepresidente da entidade veciñal que está tras da organización. Será este sábado, 18 de xullo, no Paseo de Cartagana, entre as 11 e as 19 horas.

Entre outras cousas, haberá un concerto de música da Banda Municipa, as 12:00 de mediodía, logo dunha sesión aberta de Tai-Chi, de 10 a 11:15 para veciños de todas as idades no parque Carmelo Teixeiro, xunto a capela, coa colaboración de Bunkai Sport. Todas as actidades serán gratuitas e non se precisa inscripción previa.

Xa pola tarde, haberá bautismos de mar de Windsurf para nenos de ata 14 anos, de 17 a 19 horas, coa colaboración de Ferrolvento. Durante todo o día, serviránse racións de pulpo, pan e bebida (10 euros).

17 de xullo de 2015 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.