Cangas iza nas súas praias as bandeiras azuis

Izado da bandeira azul
Esta tarde, a concelleira de Medio Ambiente, Turismo e Praias, Tania Castro e a concelleira de Obras e Servizos, Mercedes Giráldez, acudían ao izado da bandeira azul na praia de Rodeira.
“Tras un arduo traballo a contrarreloxo nestes quince días que o novo equipo de goberno leva no consistorio, conseguiuse coordinar a operativa de praias para comezar hoxe de maneira eficaz, responsable e profesional para o disfrute de todos as canguesas e cangueses así como dos visitantes” afirmaba a concelleira. Todos os areais cangueses, teñan ou non con esta distinción, xa contan con limpeza manual diaria e limpeza con maquinaria semanal e a maioría delas (21) teñen papeleiras na mesma zona. Ademais, estanse a realizar traballos de acondicionamento nas entradas cara as praias.
Estes galardóns, outorgados pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) premia a calidade excelente das augas de baño, a continua limpeza dos areais e a existencia dunha serie de servizos coma socorristas, equipos de primeiros auxilios, sinalizacións, accesos e puntos de auga doce.











